Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Área de Familias

No II Plan Estratéxico creamos unha Área específica para Familias, coa finalidade de intensificar os apoios que poidan precisar. Neste sentido, estamos desenvolvendo accións específicas para as familias, recollidas no proxecto “Medrando Xuntas”, centradas en diversos servizos tales como: Traballo Social, Psicoloxía, Fisioterapia, Logopedia, Terapia Ocupacional, Respiro Familiar e Formación a Familias.

Aínda que as familias forman unha parte fundamental no desenvolvemento da nosa Misión, tal e como se recolle na mesma, o certo é que no día a día estamos tan centrados na atención directa aos usuarios que, a miúdo, nos esquecemos do importante que é o noso apoio para elas.