Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Outros Servizos e Actividades

Ocio

O servizo de Ocio ten como obxectivo fundamental garantir e reivindicar o dereito de acceso ao ocio das persoas con diversidade intelectual, polos beneficios que isto supón para a persoa a diferentes niveis: identidade persoal, desenvolvemento da autodeterminación, mellora do benestar físico e emocional e fomento das relacións interpersoais.

Deporte

A actividade de deporte inclúe diversas modalidades: a práctica de deportes normalizados, a ensinanza de deportes adaptados, como a boccia, a práctica de exercicio físico normalizado, o exercicio físico adaptado a grupos con necesidades específicas, como poden ser as sesións de xerontoximnasia.

Comedor

En Aceesca dispoñemos de comedor para tódolos usuarios da Asociación, aberto tamén a profesionais do centro. Este servizo facilita a conciliación da vida familiar e laboral, á vez que perseguimos, entre outros, os seguintes obxectivos: a creación de hábitos alimentarios saudables e hixiénicos  e a adquisición de habilidades e autonomía durante a comida.

Transporte Adaptado

Case tódalas persoas usuarias precisan deste servizo para poder vir e marchar do centro a diario. A dispersión xeográfica e falla de transportes públicos ata o lugar onde está a Entidade dificultan que poidan vir polos seus propios medios.

Natación e Aquagym

Unha vez á semana diferentes grupos de persoas usuarias acoden á piscina municipal de O Porriño a practicar natación ou ximnasia na auga.

Equinoterapia

A actividade de Equinoterapia ten como obxectivo a mellora a nivel neuromuscular, psicolóxico, cognitivo e social das persoas usuarias que se benefician dela.

Informática

O manexo dos diferentes programas informáticos, a navegación por internet, a utilización das diferentes aplicacións nos teléfonos móbiles e, en xeral, o uso das novas tecnoloxías, son das actividades máis demandadas polas persoas usuarias.

Teatro

O Teatro é unha actividade que lles gusta realizar ás persoas usuarias da nosa Entidade e á que nós lle damos moita importancia polos múltiples beneficios que pode aportar á persoa.

Baile e Canto

Baile e canto é outra das actividades complementarias. Os usuarios e usuarias que participan nela elixen as diferentes modalidades que queren practicar de xeito lúdico (baile moderno, baile de salón).

Clube de Lectura fácil

Os participantes no Club de lectura fácil comparten as diferentes aventuras e vivencias das personaxes que forman parte dos libros que elixen ler.

Lingua de Signos Española - LSE

A aprendizaxe da Lingua de Signos Española é unha das últimas actividades realizadas polas tardes a demanda dun grupo de persoas usuarias.