Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Grupo de Autoxestores

Denominado “Os Dez de O Porriño”, está formado por 10 persoas con discapacidade intelectual coa finalidade de representar aos seus compañeiros usuarios na Entidade, partindo da consideración de que teñen o mesmo dereito que outras persoas de participar na toma decisións sobre os aspectos relevantes que afectan a súa vida. Reúnense tódalas semanas e, polo menos, unha vez ao ano coa Xunta Directiva, para transmitir as accións levadas a cabo e tamén as súas propostas no seno da Entidade.

Tamén participan en actividades da contorna, colaborando en accións de sensibilización, impartindo charlas en colexios e institutos, etc.