Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Área de Infancia e Xuventude

A Área de Infancia e Xuventude presenta un enfoque global e inclusivo do proceso da intervención educativa, que non está centrada nas dificultades dos alumnos senón en modificar a ensinanza para optimizar o proceso de aprendizaxe destes.

Na Área de Educación diriximos as accións principalmente a eliminar as barreiras físicas, persoais e institucionais, que limitan as oportunidades de aprendizaxe e o pleno acceso e participación de tódolos alumnos e alumnas con diversidade intelectual nas actividades educativas das diferentes etapas do seu desenvolvemento, en idades comprendidas entre os 0 e 21 anos.

Centro de Educación Especial

Dende o Centro Educativo temos como finalidade prestar os apoios necesarios para que 28 alumnos en etapa escolar obrigatoria, de entre 3 e 21 anos, distribuídos en oito aulas concertadas coa Consellería de Educación reciban unha resposta educativa de calidade, axustada as súas necesidades de apoio, potenciando ao máximo as súas capacidades persoais e dotándoos de habilidades e destrezas que lles permitan una Plena Inclusión.

Somos un equipo de 8 profesoras e profesores, 6 auxiliares e 1 Directora, e contamos coa intervención do equipo técnico da Asociación, que dende os servicios de habilitación funcional e social de Traballo Social, Psicoloxía, Fisioterapia, Logopedia, Terapia Ocupacional e Psicomotricidade. Xuntos traballamos dun xeito transdisciplinar con intervencións personalizadas dos alumnos, baseándonos nas 8 dimensións de calidade de vida.

A xornada lectiva está comprendida entre as 9:00 e as 14:00 horas, ofrecemos servizo de comedor, en horario de 14:00 a 15:00 horas, e en horario de 15:00 a 16:30 horas, levamos a cabo actividades extraescolares para conciliar coa vida laboral das familias.