Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Área de Adultos

Na Área de Adultos contamos con 2 servizos de apoio para as persoas con diversidade intelectual a partir dos 16 anos de idade: o Centro Ocupacional e o Centro de Día.

A metodoloxía de intervención está baseada no Modelo de Calidade de Vida.

O obxectivo xeral é a busca da autonomía e independencia de cada persoa, favorecendo a defensa dos dereitos, a autodeterminación e a inclusión social.

Cada persoa usuaria conta co seu Plan Individual de Atención (PIA), no que se recollen os obxectivos que quere acadar no seu proxecto de vida.

Os profesionais traballamos en equipo, en coordinación coas familias, para prestar os apoios que cada persoa precisa para acadar os seus obxectivos.

O horario de estancia das persoas usuarias nos centros é de 09:00 a 16:30 horas.

Centro Ocupacional

O Centro Ocupacional é un servizo onde prestamos apoio intermitente ou limitado a 37 persoas.

Ademais dos obxectivos xerais, trabállanse outros dirixidos á adquisición de hábitos laborais e socio laborais.

Para isto contamos con diferentes talleres ocupacionais: Manipulados, Decoración, Fimo e feltro, Coiro, Xabóns artesanais, Tecidos e Chapas.

Compleméntase a formación desde o Servizo de Axuste Persoal e Social.

No servizo ocupacional prestamos os apoios un equipo multidisciplinar formado por 1 directora, 2 técnicas de desenvolvemento persoal e 2 monitoras de taller.

Ademais, contamos coa intervención do equipo técnico da entidade formado por 2 traballadoras sociais, 1 psicólogo, 1 fisioterapeuta, 1 psicomotricista, 1 logopeda e 1 terapeuta ocupacional.

Centro de Día

O Centro de Día é un servizo onde prestamos apoio de tipo extenso ou xeneralizado a 30 persoas.

Ademais dos obxectivos xerais, intensificamos o traballo no desenvolvemento das Actividades Básicas da Vida Diaria.

Para a consecución dos obxectivos organizámonos en pequenos grupos con programacións individuais en torno ás 8 dimensións de calidade de vida.

O centro dispón tamén dun taller de creatividade, onde as persoas usuarias poden adquirir e desenvolver habilidades pre- laborais.

No equipo multidisciplinar do Centro de Día estamos 1 directora, 3 técnicas de desenvolvemento persoal, 5 coidadores e 1 monitora de taller.

Tamén contamos cos membros do equipo técnico da entidade do que forman parte 2 traballadoras sociais, 1 psicólogo, 1 fisioterapeuta, 1 psicomotricista, 1 logopeda e 1 terapeuta ocupacional.

Cada ano as persoas usuarias elixen as actividades complementarias nas que queren participar.

Algunhas das que se están realizando son: Natación e aquagym na piscina municipal de O Porriño, Equitación terapéutica na Escola Abraín (Mos), Deporte (con participación nos campionatos de FGDA), e polas tardes no centro contamos con Teatro e expresión corporal, Canto e baile, Lingua de Signos Española, Club de lectura fácil, Decoración, Xogos de mesa e Relaxación.