Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Psicoloxía

No servizo de Psicoloxía estamos orientados ao traballo en equipo entre as persoas con diversidade intelectual, as súas familias e os profesionais, co obxectivo de mellorar, tanto a Calidade de Vida das persoas con diversidade intelectual, como das súas familias.

Para conseguilo, traballamos para aumentar a capacidade de autocontrol das emocións, analizamos as funcións que teñen para as persoas con diversidade intelectual as súas condutas, avaliamos anualmente os apoios necesarios en función das súas capacidades, damos formación para ser persoas social e sexualmente responsables; avaliamos a sintomatoloxía psiquiátrica presente, acompañamos ás persoas no seu paso polos servizos de Psiquiatría e Neuroloxía e favorecemos a súa autodeterminación e autoxestión no fogar e na sociedade.