Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Fisioterapia

Dende o servizo de Fisioterapia centrámonos na intervención de persoas que presentan un trastorno do ton e da función debido a unha lesión do SNC (Sistema Nervioso Central). Para iso, elaboramos e levamos a cabo un programa de recuperación sensitivo e cognitivo onde se abordan posibles alteracións da postura e do movemento para conseguir un maior grao de autonomía.

Os obxectivos que pretendemos conseguir son: reeducar a marcha, normalizar o ton postural para proporcionar maior estabilidade, facilitar reaccións para endereitarse e manter o equilibrio máis funcional, previr contracturas e deformidades, e mellorar a capacidade e autonomía no desenvolvemento das actividades diarias.

Registro de centros, servicios y establecimientos sanitarios, C-36-000570