Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Traballo Social

Desde este servizo, a traballadora social realiza accións dirixidas a asesorar, orientar e dar resposta ás necesidades e demandas feitas polas persoas e as familias.

Damos apoio promovendo e ofrecendo recursos e prestacións sociais, todo orientado a mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade intelectual e das súas familias.

Entre algunhas das actuacións que son competencia deste servizo atópanse: Informar e orientar sobre o procedemento de admisión nos Centros da  Asociación; informar, asesorar e xestionar servizos de apoio a familias, tales como o respiro familiar; informar, asesorar e xestionar servizos do programa de ocio, campamentos e vacacións; asesorar nos trámites legais relativos ás persoas usuarias dos centros (bolsas, axudas, pensións, situación legal), etc.