Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Comedor

En Aceesca dispoñemos de comedor para tódolos usuarios da Asociación, aberto tamén a profesionais do centro. Este servizo facilita a conciliación da vida familiar e laboral, á vez que perseguimos, entre outros, os seguintes obxectivos: a creación de hábitos alimentarios saudables e hixiénicos  e a adquisición de habilidades e autonomía durante a comida.

Contamos con 2 espazos diferenciados, con capacidade para 80 comensais.

O servizo está atendido por 1 cociñeira e 1 axudante de cociña, contratadas por ARUME, que é a empresa que ten adxudicado o servizo.

O apoio, ás persoas usuarias que o precisan, é levado a cabo por persoal da Área de Infancia e Xuventude e a Área de adultos, e por unha traballadora do Centro Especial de Emprego. As pautas para darlles de comer ás persoas con grandes necesidades de apoio son dadas pola logopeda.

Os menús son elaborados por especialistas en nutrición, de acordo con criterios de alimentación sa e equilibrada, dándose a coñecer de xeito mensual a persoas usuarias e familias. Contamos con diferentes tipos de menús e de texturas, en función das necesidades de cada persoa.