Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Transporte Adaptado

Case tódalas persoas usuarias precisan deste servizo para poder vir e marchar do centro a diario. A dispersión xeográfica e falla de transportes públicos ata o lugar onde está a Entidade dificultan que poidan vir polos seus propios medios.

O servizo de transporte levámolo a cabo con vehículos da propia Asociación e de Aceesca Emprego S.L.

Ademais, o Concello de Ponteareas, colabora coa entidade realizando unha viaxe diaria cunha furgoneta adaptada en horario de mañá.

Temos tamén 2 liñas contratadas cunha empresa externa, Autocares Lucho.

En total, 9 liñas de transporte diarias, 6 das cales son adaptadas a persoas con mobilidade reducida.