Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Equinoterapia

A actividade de Equinoterapia ten como obxectivo a mellora a nivel neuromuscular, psicolóxico, cognitivo e social das persoas usuarias que se benefician dela.

Para iso, o cabalo convértese nunha ferramenta terapéutica e os usuarios aproxímanse e conectan con el a través do coidado e das diferentes técnicas de monta.

Unha vez á semana, diferentes grupos de persoas usuarias, achéganse ás instalacións da Escola Abraín, en Mos, para realizar dita actividade.