Apoiamos a persoas
con  diversidade 
 intelectual 

Teatro

O Teatro é unha actividade que lles gusta realizar ás persoas usuarias da nosa Entidade e á que nós lle damos moita importancia polos múltiples beneficios que pode aportar á persoa.

Destacan a expresión corporal, de sentimentos, emocións, pensamentos, o fomento da creatividade a través da improvisación, a comunicación individual e grupal, o control do corpo e o aumento da autoestima.

Os ensaios ao longo do ano vense reflexados en diferentes actuacións como son o Festival de Nadal e o Festival de fin de curso.

Ademais, o grupo de teatro “ACEESCATRO” forma parte da Rede Galega de Artes Escénicas, a través da cal se fan representacións na xeografía galega.

As representacións teatrais na contorna favorecen a inclusión social das persoas con diversidade intelectual.